Pasar al contenido principal

O CPEIG uniuse á homenaxe a Romay Beccaría impulsada por Unión Profesional de Galicia

homenaje romay beccaria

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)participou a pasada fin de semana na homenaxe que lle tributou a Unión Profesional de Galicia a José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello do Estado, en Santiago de Compostela.

O CPEIG, integrado na Unión Profesional de Galicia xunto con outros 42 colexios profesionais e 60.000 profesionais colexiados, participou na homenaxe, que serviu para agradecerlle a Romay Beccaría o apoio dado ao sector profesional nos últimos anos.

Entre outras personalidades, acudiron ao evento o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; o presidente de Previsión Sanitaria Nacional, Miguel Carrero; e o presidente de Unión Profesional de Galicia, José María Arrojo Fernández. En representación do CPEIG, asistiu o seu presidente, Fernando Suárez.

Os colexios, necesarios e imprescindibles

Arrojo agradeceulle ao homenaxeado o apoio dado aos colexios profesionais ao longo da súa traxectoria. "Prestamos un servizo público aos cidadáns", explicou o presidente de Unión Profesional de Galicia, quen dixo dos colexios que estes son "necesarios e imprescindibles". O presidente de Unión Profesional de Galicia amosou a súa preocupación pola futura Lei de Colexios e Servizos Profesionais, que implica unha liberación de servizos e limita e recorta a independencia destes entes.

Pola súa banda, as palabras que pronunciou Romay no evento tiveron unha ampla difusión nos medios de comunicación. Entre outros comentarios, sinalou que "en España quen a fai, págaa; sexa quen sexa e caia quen caia", en referencia aos casos de políticos presuntamente metidos en casos de corrupción