Pasar al contenido principal

O CPEIG asiste ao II Foro SABADELL Profesional en Galicia

Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, asistirá o vindeiro día 17 de xuño ao II Foro Sabadell Professional en Galicia, que terá lugar no Parador do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Trátase dun encontro que ten como obxectivo o de fomentar o diálogo, recoller ideas de colaboración e analizar as necesidades financeiras dos colexios profesionais no momento actual.

O anfitrión do evento será Pablo Junceda Moreno, director xeral do SabadellGallego, quen estará acompañado de Conxa Oliu i Creus, directora xeral do Sabadell Professional. O encontro comezará ás 11 da mañá cunha visita guiada pola Catedral de Santiago de Compostela. A continuación, celebrarase un interesante debate coa participación de todos os asistentes e, posteriormente, un xantar.

Entre os participantes no II Foro Sabadell Professional, destaca a presenza de máis dunha vintena de decanos e presidentes de colexios profesionais, así como dunha extensa nómina de directivos da entidade SabadellGallego.