Pasar al contenido principal

PNL do grupo Popular no Congreso dos Deputados sobre a Enxeñaría en Informática

Logo Congreso dos Diputados

Froito das reunións que veñen mantendo os Consejos Generales CCII e CONCITI, esta mañá o Grupo Popular no Congreso dos Deputados rexistrou unha PNL (Proposición Non de Lei) que se resume na seguinte proposta:

O Congreso dos Deputados, insta o Goberno a que:

  1. Adopte as medidas necesarias para que, con respecto á normativa e competencias regulatorias no ámbito profesional, a enxeñaría informática alcance o mesmo nivel de definición académico que o resto das enxeñarías.
  2. Promova a participación das entidades legais responsables, tanto do ámbito informático académico como profesional, naqueles foros e organismos cuxa responsabilidade implique o desenvolvemento e implantación das tecnoloxías da información e os servizos dixitais.