Pasar al contenido principal

O CPEIG asiste hoxe ao acto de graducación na Facultade de Informática da Coruña

Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, asistirá hoxe venres, día 27, ao acto de graduación da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O acto terá lugar a partir das seis do serán no salón de actos.

O acto académico despedirá á segunda promoción do Grao en Enxeñaría Informática, á XVI promoción de Enxeñaría Informática e á primeira promoción do Mestrado Universitario de Enxeñaría Informática.

A través da representación oficial do CPEIG nos actos académicos coma o previsto hoxe, o colexio procura estar presente non só no eido profesional, senón tamén entre o estudantil para divulgar a importancia da colexiación entre os novos profesionais.