Seguindo coa rolda de presentacións do CPEIG ás principais empresas TIC da comunidade, membros da Xunta de Goberno do colexio mantiveron unha reunión co Xerente de COREMAIN, Manuel Balseiro e coa Xerente de Recusos Humanos, Ana Álvarez.
Neste sentido Balseiro explicou que non hai un recoñecemento monetario nos servizos de informática e as consultoras teñen que funcionar con marxes reducidos. O presidente do CPEIG indicou que unha das funcións do CPEIG é impulsar o recoñecemento da figura do enxeñeiro en informática e a necesidade de visar proxectos en TI. Tamén propuxo que o enxeñeiro/a en informática evoluciones desde o perfíl máis que técnico cara as capaceidades de dirección e xestión.
Ambas entidades acordarpm en colaborar no Observatorio da profesión que pretende crear o CPEIG para aumentar o coñecemento da situación laboral dos titulados/as en Enxeñaría en Informátic, así como na bolsa de emprego que o colexio pretende ofertar aos seus membros. A xerente de recursos humanos de COREMAIN, expuxo a súa satisfacción por estas iniciativas que ve moi importantes desde o punto de vista empresarial.
Finalmente, a xerente de recursos humáns propuxo a posibilidade de establecer reunións periódicas e un convenio de colaboración entre ambos organismos.