Pasar al contenido principal

O CPEIG, en apoio ás mulleres destacadas nos eidos da ciencia e da tecnoloxía, asiste á entrega do "María Wonenburger Planells"

Carmen García Mateo

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, asistirá o vindeiro luns, día 3 de novembro, á entrega do premio María Wonenburger Planells, convocado pola Xunta de Galicia e que nesta edición recibirá Carmen García Mateo.

O galardón que promove a Secretaría Xeral de Igualdade quere resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e a tecnoloxía, e o seu nome pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa María Wonenburger Planells.

A premiada este ano, Carmen García Mateo,  é catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo e imparte clases na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

O CPEIG únese ao recoñecemento a Carmen García Mateo e a todas aquelas mulleres que foron e son quen de superar as desigualdades que, por desgraza, tamén deben afrontar nos ámbitos científico e tecnolóxico.

Do mesmo xeito, felicita á Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia pola convocatoria do galardón.