Pasar al contenido principal

O CPEIG participará nun seminario sobre Emprendemento Social e Cooperativo

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) ultima a preparación do seminario Emprendemento Social e Cooperativo que, baixo a dirección de Rafael Á. Millán Calenti, terá lugar os días 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, intervirá na segunda xornada nunha mesa redonda que terá como epígrafe Emprendemento, normas legais e novas tecnoloxías. Estará acompañado de Manuel Botana Agra, catedrático de Dereito Mercantil; Rafael Á. Millán Calenti, director do Cecoop; e de  José Antonio Montero Vila, avogado.

As sesións terán lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. A inscrición, aberta ata o vindeiro día 17,  é de balde a través do correo electrónico cecoopusc@gmail.com