Membros da xunta de goberno do CPEIG mantiveron unha reunión na Xunta de Galicia coa Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Política Públicas.
Durante a charla incial de carácter informal mantida co Subdirector Xeral de Infraestruturas Informáticas e de Telecomunicacións, Jaime Barros, os representantes do CPEIG expuxeron a visión do CPEIG sobre o visado de proxectos e os certificados de calidade, no seu caso. Jaime Barros amosou o seu interese sobre o tema á hora de colaborar cos proxectos que se ofertan desde a Ponencia Técnica.
No encontro, o director xeral, Juan José Gómez Romero, expuxo o interese en colaborar coas universidades para que os proxectos de fin de carreira universitarios e os proxectos de I+D se axusten ás necesidades actuais en materia de TI dentro da Xunta de Galicia. Tamén expuxo a necesidade de vixiancia tecnolóxica sobre distintos temas: redes, sistemas, etc.
O subdirector xeral expuxo que sería interesante a posibilidade de que o CPEIG puidera realizar consultorías para analizar as necesidades da Xunta de Galicia en materias de TI, para así, ter unha visión imparcial e obxectiva, non realizazda por empresas, á hora de elaborar os pregos de contratación de servizos.
O colexio ofreceuse á colaboración nos temas formulados. Asi mesmo, abreuse unha nova vía de colaboración en todo o relativo á formación do persoal funcionario da Xunta de Galicia deseñando contidos, evaluando necesidades, seleccionando poñentes, etc. Todas estas accións formativas orquestaríamse a través da Escola Galega de Administración Pública.
Finalmente, o presidente do CPEIG preguntou sobre a visión sobre o software libre na administración. O director xerañ expuxo que é un tema complexo, no cal están implicados diversos organismos da Xunta e que require certo análise, para o cal o colexio ofreceu, unha vez máis, a súa colaboración.
Finalmente os representantes de ambas institucións acordaron elaborar un borrador de proposta de convenio de colaboración coa fin de debatirlo e refinalo en próximas reunións.