Pasar al contenido principal

O CPEIG súmase ao acto de ingreso dunha nova académica numeraria na Real Academia Galega das Ciencias

María José Alonso

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, asistirá o día 12 de novembro ao acto de ingreso na Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) da profesora María José Alonso Fernández. 

A cerimonia de incorporación da nova académica numeraria terá lugar no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a partir das sete do serán.

Recentemente, os presidentes da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos Fernández, e do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, asinaron o acordo marco de colaboración entre as dúas entidades para "potenciar a difusión da ciencia en Galicia e favorecer o seu achegamento ao sistema produtivo galego", segundo consta no texto rubricado.

O presidente do CPEIG, entidade colaboradora da RAGC, agradécelle o convite ao máximo representante desta academia e desexa que "a relación entre as dúas institucións siga avanzando a prol do desenvolvemento científico de Galicia".