Pasar al contenido principal

O CPEIG participa como entidade colaboradora no "Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos"

Símbolo do CPEIG

A Nova Escola Galega ultima a preparación da sexta edición do Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos, no que o CPEIG participa como entidade colaboradora. O encontro celebrarase no  vindeiro mes de febreiro (días 20, 21 e 22), en Vedra (A Coruña). 

A edición que se prepara pretende concederlle ao seminario unha dimensión internacional, dada a diversidade de relatores e temáticas que se han tratar.Podes obter máis información en http://avaliacionre.wordpress.com/

O seminario organizado pola Nova Escola Galega é unha actividade que inclúe distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos do ensino. Os obxectivos son coñecer e usar as guías de avaliación de materiais educativos; analizar os materiais educativos a través de distintos modelos de avaliación;  tomar decisións construtivas respecto dos materiais didácticos no propio contexto; e valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.

Canto á metodoloxía, o seminario conxugará as sesións teóricas e os obradoiros.