Pasar al contenido principal

O Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática renova a xunta de goberno, na que o CPEIG ocupa postos destacados

novaJG

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014.- O Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII) celebrou en Madrid o pasado sábado, día 22 de novembro, dúas asembleas extraordinarias nas que se renovou a Xunta de Goberno, máximo órgano de representación do Consello. 

Como resultado das xuntanzas, Juan Pablo Peñarrubia, presidente das enxeñeiras e enxeñeiros da Comunidade Valenciana, resultou elixido presidente do CCII por unanimidade. Dous membros do CPEIG acompáñano agora nos labores de dirección do Consello: o ourensán Juan Otero, vicepresidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e desde esta fin de semana vicesecretario do CCII; e o ferrolán Fernando Suárez Lorenzo, presidente do colexio galego e vicepresidente primeiro do consello de ámbito nacional. 

Peñarrubia agradeceulle ao presidente saínte, Jacinto Canales, o traballo realizado ata o momento e apostou por continuar a liña de reivindicación da regulación da profesión e de recoñecemento da enxeñaría informática da anterior Xunta de Goberno.