Pasar al contenido principal

O CPEIG participa nos actos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero a prol da implicación de toda a sociedade

25N

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará activamente este ano na campaña do Concello da Coruña con motivo do "Día Internacional contra a Violencia de Xénero", que se conmemora cada 25 de novembro.

O lema deste ano é Convivir sen violencia tamén depende de ti, un epígrafe a través do que a Concellería de Servizos Sociais busca incrementar a concienciación e a implicación polo público en xeral sobre as distintas manifestacións da violencia, as súas consecuencias e a necesidade de previlas.

Recentemente, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez,  acompañou ao responsable da área de Servizos Sociais do concello coruñés, Miguel Lorenzo, na presentación da campaña diante dos medios.

Dentro de toda a batería de accións previstas, o CPEIG organiza o seminario Ciberviolencia de Xénero na Rede, dirixido a que as persoas asistentes aprendan a identificar as distintas formas de ciberacoso relacionadas coa violencia de xénero, como son  o grooming ou a sextorsion. O obradoiro  terá lugar o venres, día 28,  a partir das 18.30 horas, na aula CEMIT do Centro Cívico de Eirís. 

O CPEIG pon de manifesto, a través da participación neste tipo de iniciativas, a súa implicación a prol da erradicación da violencia de xénero e apoio a medidas que estimulen a verdadeira igualdade entre mulleres e homes na sociedade.