Pasar al contenido principal

A Facultade de Informática da Coruña acolle o vindeiro luns o Coloquio sobre a Reforma da Lei da Propiedade Intelectual

Símbolo do CPEIG

O vindeiro luns, día 27 de abril, a Facultade de Informática da Universidade da Coruña organizará o "Coloquio sobre a Reforma da Lei de Propiedade Intelectual e o seu impacto na Rede". Intervirán Juan de Dios Ruano Gómez, voceiro de Cultura do Grupo Popular no Congreso dos Deputados; Fernando Suárez Lorenzo, presidente do CPEIG, e Luis Castedo Ribas, catedrático da Facultade de Informática da UDC. O coloquio terá lugar a partir das 12.30 H.na Aula de Graos Víctor Gulías.

A reforma da LPI entrou en vigor en xaneiro do presente ano e introduciu novidades significativas que afectan aos usuarios da Rede en España. Os cambios buscan crear un instrumento administrativo para restablecer a legalidade dun xeito áxil nos casos dunha violación de dereitos de autor na Rede, segundo destaca a organización do encontro.

Asemade, creou un canon a prol dos autores de contidos con finalidade informativa e obriga a pagar aos agregadores de contidos (taxa google). Estes e outros aspectos serán tratados o vindeiros luns na Facultade de Informática no que promete ser un interesante intercambio de ideas.