Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para inscribirse na Xornada Faite Profesional Dixital do… Marketing Dixital

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Amtega, organiza para o vindeiro mércores 29 a xornada Faite profesional dixital do… Marketing Dixital. O encontro, enmarcado na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital, desenvolverase a partir das 10:00 horas na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Os asistentes ao evento coñecerán, da man de destacados expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a demandar no mercado laboral actual.