Pasar al contenido principal

O presidente do CPEIG entrevístase co conselleiro de Cultura e Educación

Reunion Conselleiro Educacion

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, entrevistouse o pasado luns, día 4 de maio, co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para abordar distintos temas de interese comúns para o ente colexial e o departamento da Xunta de Galicia. 

Fernando Suárez aproveitou o encontro para comunicarlle a Román Rodríguez a concesión do Premio Iniciativa da Administración á colaboración entre a Consellería e a Amtega no estudo do fomento de matrículas en estudos tecnolóxicos. Asemade, convidou o conselleiro a asistir á vindeira edición da "Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", prevista para o día 26 de xuño.

Ambos os dous avaliaron dun xeito moi positivo a colaboración nos proxectos "Navega con Rumbo polo Ciberespazo" e "Programación nas Escolas", e apostaron pola súa sustentabiliade no tempo.

O encontro, que se realizou nas dependencias da Consellería de Educación, inscríbese na rolda de contactos institucionais impulsada pola Xunta de Goberno do CPEIG.