Pasar al contenido principal

FEGAMP, CPEIG e CPETIG asinan a 'Declaración de Principios para Construír a Sociedade da Información'

Logo do día de internet 2015

Co gallo do Día Mundial de Internet (17 maio) a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (Cpeig) e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (Cpetig) subscriben a 'Declaración de Principios para Construír a Sociedade da Información', suscrita en Xenebra (Suiza) en decembro de 2003, na primeira parte do Cumio Mundial sobre a Sociedade da Información.

As entidades locais que o desexen poden adherirse a esa Declaración que defende que o desenvolvemento da sociedade da información se centre no respecto ás persoas e a defensa dos dereitos e liberdades fundamentais, diminuír a 'fenda dixital' para evitar a exclusión ou marxinación dos individuos, desenvolver todas as potencialidades das novas tecnoloxías da información e da comunicación (Tic) e potenciar e difundir o uso do galego.

Os interesados nesta Declaración poden acceder ao texto íntegro e modelo para adhesión nesta páxina web