Pasar al contenido principal

Presentado en Madrid o Informe de Gobernanza da Internet en España 2015

Símbolo do CPEIG

O Informe da Gobernanza da Internet en España foi presentado o pasado 27 de maio en Madrid, no marco do V Foro da Gobernanza da Internet en España, organizado por IGF Spain. O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo, foi un dos colaboradores que fixo realidade este documento, coa súa participación no grupo de traballo sobre privacidade e vixilancia.

A profesora Silvia Serrano Calle,coordinadora da publicación, foi a encargada de presentar o informe, xunto cos coordinadores dos diferentes capítulos. A continuación, desenvolvéronse as mesas redondas, coas mesmas temáticas que as abordadas no documento (neutralidade na rede, a propiedade intelectual, a privacidade ou o emprendemento, entre outras). As persoas interesadas en coñecer os contidos analizados poden acceder á publicación a través da seguinte ligazón: http://www.igfspain.com/doc/archivos/Gobernanza_Internet_Spain_2015.pdf

O foro foi inaugurado polo Secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Vïctor Calvo-Sotelo; o reitor da Universidade Politécnica de Madrid, Carlos Conde; o director da ETSIT-UPM, Félix Pérez; e o coordinador de IGF Spain, Jorge Pérez. Segundo os seus organizadores, os obxectivos do Foro de Gobernanza da Internet en España son proporcionar un lugar aberto e descentralizado para o debate sobre políticas que favorezan a sustentabilidade e solidez da Internet.