Pasar al contenido principal

O BOE publica os Estatutos Xerais dos Colexios Oficias de Enxeñaría Superior e Técnica en Informática e dos Consellos Xerais

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015.- O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou na súa edición do pasado 11 de xullo os Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica e Enxeñaría Superior en Informática, así como dos seus Consellos Xerais.

Nesta ligazón tes acceso á publicación http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-7774.

A publicación no BOE significa a súa entrada en vigor, un fito para a profesión que o CPEIG valora moi positivamente ao tempo que felicita os colexiados galegos e do resto de España.

Un longo camiño

Cómpre lembrar que a Lei 20/2009, do 4 de decembro, de creación do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática, prevía na disposición transitoria primeira a constitución dunha Comisión Xestora que debía elaborar no prazo de seis meses uns Estatutos provisionais reguladores dos órganos de goberno do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática, os cales, verificada a súa legalidade polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, se publicarían no «Boletín Oficial do Estado» e na disposición transitoria segunda que no prazo dun ano desde a súa constitución dito Consello elaboraría os seus Estatutos definitivos.

De conformidade co disposto na citada lei, por Orde ITC/2180/2010, do 29 de xullo, ordenouse a publicación dos Estatutos provisionais do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática. Esa publicación produciuse no Boletín Oficial do Estado número 192, do 9 de agosto de 2010.

A adopción destes Estatutos Xerais, segundo a proposta recibida do Consello Xeral, obedece á necesidade de acomodar a estrutura da organización colexial da enxeñaría en informática aos cambios derivados da Lei 74/1978, do 26 de decembro, que adecuou o réxime dos Colexios á Constitución e da Lei 7/1997, do 14 de abril, de medidas liberizadoras en materia de solo e sobre Colexios Profesionais.

Ademais, os Estatutos deben axustarse ás previsións da Lei 17/2009 do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e á Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que modificou, en gran parte, a Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais.

A aprobación destes Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática e do seu Consello Xeral correspondeulle ao Goberno, de conformidade co establecido no artigo 6.2 da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais, modificada pola Lei 25/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizo e o seu exercicio.

Este real decreto dítase ao abeiro da competencia que o artigo 149.1.18.ª da Constitución atribúe ao Estado a competencia exclusiva para ditar as bases do réxime xurídico das Administracións públicas. Aí, por proposta do Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros, aprobouse na súa reunión do do pasado 19 de xuño do presente mes.

Este longo proceso finalizou o pasado 11 de xuño coa publicación no BOE.