O vindeiro 14 de maio, mércores, celebraráse a Xornada de Internet que organiza anualmente a Consellería de Industria dentro dos actos que teñen lugar en toda Galicia con motivo do Día de Internet e do Día das Letras Galegas.
Este ano esta xornada terá lugar na Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense, leva o título "2.0 A Nova Ágora Galega", e estará dicada principalmente ás redes sociais e ás aplicacións da web 2.0 en ámbitos tan diferentes como o software libre, os negocios, a educación ou a literatura. Participarán representantes de empresas e bloggers importantes na web2.0 (Microsiervos, Weblogssl, Chuza, Loogic, Tíscar Lara, Rubén Ruibal, Daniel Martí,...) e do ámbito do software libre, como OpenBravo, Wireless Galicia ou Redegal. A información da xornada atópase en www.agoragalega.org
IMPORTANTE: A asistencia é gratuita, pero É PRECISO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE na web da xornada, posto que o aforo é limitado. A data límite para inscribirse é o vindeiro luns, 12 de maio, ás 14:00.