A empresa galega CQe-Solutions consegue o recoñecemento 'Empresa éTICa' nos Premios Nacionales de Ingeniería Informática, convocados polo Consejo General de Ingeniería Informática de España (CCII).

Recoñece que os usuarios non están actualizados en canto aos riscos e teñen exposta a súa privacidade e información, polo que recomenda o asesoramento de expertos en ciberseguridade
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) examina as vantaxes e os problemas de seguridade que poden causar os dispositivos IoT con motivo do Día Internacional da Internet das Cousas que se celebra mañá martes, 9 de abril.
O Capítulo Galego de ISMS Forum organiza a quinta edición do Foro Rexional de Galicia o vindeiro 11 de abril no Auditorio de Abanca en Vigo (Av. García Barbón, 1-3). O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participará no evento moderando unha mesa de debate sobre fraude.
Máis información e inscricións: https://www.ismsforum.es/evento/760/v-foro-regional-de-isms-forum-galicia
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o pasado luns, 25 de marzo, unha charla sobre o uso seguro das redes sociais para as nenas e nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
A charla, organizada en colaboración coa Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG) na Aula Hospitalaria do CHUS, foi impartida polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez.