Pasar al contenido principal

Postal Nadal CPEIG 2024

Poderán enviar os seus deseños ata o 10 de decembro e o fallo do xurado farase público o día 14 en www.cpeig.gal 

O Colexio elixirá o debuxo que se converterá na súa felicitación oficial de 2025 entre os gañadores das dúas categorías a concurso

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca, por décimo cuarto ano consecutivo, o Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas e adolescentes de 3 a 18 anos. 

Campaña Cáritas e CPEIG

O Colexio, a través dos seus colexiados e de empresas tecnolóxicas, doará ordenadores, tabletas ou móbiles novos

A entidade atendeu en 2024 a 179 familias, cun total de 346 menores que recibiron os seus agasallos novos 

O director Carlos Juiz explicou que se tratará de atender a todas as persoas que o precisen, xa que “os nenos e nenas son fundamentais e non deben padecer ningunha separación social”

Black Friday

Aconsella desconfiar dos descontos “demasiado reais”, dos deepfakes con vídeos falsos de influencers, dos chatbots ou asistentes virtuais e do phishing con correos ou menaxes falsas

Fernando Suárez, presidente: “Os usuarios deben extremar a prudencia, especialmente ante mensaxes, vídeos ou anuncios que parecen lexítimos, pero que foron xerados artificialmente”

Estudio infancia dixital

A pesar dos avances no uso responsable e da redución dalgúns riscos en liña, como a diminución do sexting, o contacto con descoñecidos e o uso do teléfono móbil na clase, a xeración hiperconectada segue no seu límite: a ansiedade e a violencia en liña están en aumento

Coas voces de case 100.000 nenos e adolescentes en España, o estudo é a investigación máis completa a nivel mundial sobre o impacto da tecnoloxía na infancia e a adolescencia, e ofrece propostas concretas para promover a seguridade e o benestar dixitais

5º Cibergal

O CPEIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta celebrarán os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) a 5ª edición do Encontro CIBER.gal

Haberá conferencias, obradoiros, networking e actividades para todos os públicos. Serán tres xornadas de ciberseguridade:

5 de novembro: Innovación e colaboración para administracións públicas.

6 de novembro: Empresas, profesionais e tecido empresarial.

7 de novembro: Dirixida a cidadanía en xeral.

Entrega dos premios Argallando.gal

Equipos das Aulas CeMIT de Ribeira, Cuntis, Fisterra e O Vicedo resultaron gañadores noutras categorías 

O concurso, que entregou hoxe os galardóns nun acto celebrado no centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura en Santiago, foi convocado polo CPEIG e a Xunta no marco do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

Convenio UNAYTA

A xestión da información e dos datos converteuse nun dos maiores retos da nosa profesión. Cada proxecto combina múltiples fontes, ferramentas e formatos: código, informes, documentación técnica, correos, bases de datos… O volume crece, os prazos acúranse e as obrigas normativas son cada vez máis esixentes.

Termómetro Acoso Escolar

Funciona como un cuestionario en liña que os profesores poderán activar á demanda en calquera momento do curso, de xeito puntual ou periódico, para testar o clima de convivencia ou detectar tensións

Está deseñado para ser utilizado nos últimos cursos de Educación Primaria (5º e 6º) e en Secundaria, Bacharelato e FP

Convenio CPEIG e Vitae

Os profesionais poderán optar a condicións beneficiosas para realizar cursos da área das tecnoloxías e sistemas de información e dos recursos humanos para a xestión, avaliación e selección de perfís TIC

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Vitae asinan un convenio de colaboración para ofrecer cursos formativos da consultora aos colexiados e colexiadas do CPEIG. O acordo foi subscrito polo presidente do Colexio, Fernando Suárez, e o socio director de Vitae, Marcos Carbonell.

Inauguración Curso Superior de Administración Electrónica 2025

Miguel Ángel Amutio, conferenciante: “La digitalización requiere de un proceso de evolución continua en el tiempo a la luz de la experiencia acumulada, de las exigencias de la sociedad y las necesidades de la ciudadanía y las empresas”

Inaugurouse hoxe a décimo quinta edición do Curso Superior de Administración Electrónica que se impartirá ata o 28 de outubro na EGAP, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia