Pasar al contenido principal

Premio 16 Aniversario CPEIG

Directivos de ambas empresas recollerán este recoñecemento na gala que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio 16 Aniversario CPEIG da ‘XVI NOITE da Enxeñaría en Informática de Galicia’ de 2024 ás empresas tecnolóxicas Ednon e Fortinet polo seu constante apoio e colaboración como patrocinadores desde practicamente o nacemento da NOITE, garantindo así a súa celebración durante estes dezaseis anos.

Colexiada de Honra 2024

Agradece o recoñecemento que pon de manifesto que esta disciplina das Ciencias Exactas e a Enxeñaría en Informática están ligadas: “Juntos y juntas podemos seguir innovando y mejorando nuestra sociedad”

Recollerá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará este venres 21 de xuño en Santiago

Premio E-Inclusión_ 2024_ Cruz Roja_ Alexa e AWS

28.634 persoas de toda España contarán no seu fogar con dispositivos Alexa que, xunto á actividade que xa veñen facendo as persoas voluntarias de Cruz Roja, axudaranlles a mellorar as súas capacidades para o acceso á información e de socialización

Recollerán a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

Gañador do Premio TFM 2024

Os finalistas foron Adrián Xuíz, pola ferramenta VirManDC de monitorización de centros de datos mediante tecnoloxía holográfica, e Diego Ramil, que creou unha aplicación para extraer información do videoxogo Temtem e visualizalo a través dun mapa interactivo

O premio entregarase o 21 de xuño no evento da “XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que se celebrará en Santiago

Ipglobal e Cluber

•    Ipglobal Tech Hub participou desde 2015 en máis de 12 empresas, xerando máis de 300 postos de traballo de maneira directa e alcanzando unha facturación acumulada superior aos 22 millóns de euros o pasado ano

•    A aplicación de Cluber, firma que forma parte do ecosistema de Ipglobal Tech Hub, dixitaliza a máis de 1.000 clubes en toda España, con máis de 700.000 deportistas usuarios

Premio ODS 2024_ Grupo Nueva Pescanova

A empresa incorporou unha ferramenta de IBM baseada na tecnoloxía Blockchain para mostrar o percorrido que seguen os seus produtos, garantindo así a súa seguridade alimentaria, calidade e legalidade 

A compañía recibirá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

Equipo FIRST® LEGO® League Galicia 2024

A décima edición do certame en Galicia reuniu o pasado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol da UDC a máis de 300 mozos e mozas de toda a comunidade, que competiron en 43 equipos

Javier Butragueño, presidente da Asociación Ingeniera Soy –impulsora en España do programa– recollerá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

Andrés Tarascó, fundador e CEO de Tarlogic

•    Foi fundada en 2011 nun pequeno local de Teo e actualmente conta cun equipo de 130 persoas nas súas sedes de Santiago e Madrid
•    Recoñecida durante máis de 3 anos como unha das empresas de maior crecemento en Europa, publicou diferentes investigacións sobre seguridade en contadores eléctricos ou interceptación de comunicacións Bluetooth

O fundador e CEO, Andrés Tarascó, recollerá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

Premio Iniciativa da Administración CESEG

José Julio Fernández, director: “A ciberseguridade volveuse esencial para enfrontarse á desinformación, tanto para a detección das noticias falsas como para construír ferramentas que axuden á alfabetización mediática e ao empoderamento da cidadanía democrática”

Recollerá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

ECAI 2024

O congreso europeo celebrarase do 19 ao 23 de outubro, convertendo a Santiago e Galicia nas capitais mundiais da intelixencia artificial

O director científico do CiTIUS, Senén Barro, recollerá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago