O obxecto é que os estudantes tomen conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos
Está dirixido a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO que poderán presentar os seus traballos ata o 28 de febreiro
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, asistirá a vindeira semana ao XVII Foro de Seguridad y Protección de Datos de Salud, organizado pola Sociedad Española de Informática de la Salud (SEIS). Celebrarase o mércores 5 e xoves 6 na Aula Magna do Edificio Roberto Novoa Santos da Universidade de Santiago de Compostela.
Fernando Suárez presentará o mércores, ás 11:30 horas, a conferencia "Estrategia Nacional de Ciberseguridad" que impartirá a xefa da Área de Ciberseguirdad y Lucha contra la Desinformación del Departamento de Seguridad Nacional, María del Mar López Gil.
No Día Internacional da Protección de Datos, ofrece unha serie de "ciberconsellos" para un emprego correcto da tecnoloxía
Protexer as redes sociais, utilizar sempre versións actualizadas, non conectarse a redes públicas, non interaccionar con arquivos adxuntos procedentes de correos descoñecidos ou usar contrasinais complexas e únicas son algúns das principais recomendacións
O capítulo galego de ISMS Forum celebra unha xornada de innovación e emprendemento en ciberseguridade o vindeiro 22 de xaneiro na sede de Abanca en Vigo (Avenida de García Barbón, 1-3), de 9:00 a 12:00 horas. Co obxecto de promover as iniciativas de emprendedores en ciberseguridade, ISMS Forum Galicia aposta pola creación dun modelo de relación entre empresas, profesionais e emprendedores co fin de apoiar e fortalecer o sector da ciberseguridade.
O debuxo deste rapaza de 13 anos será a postal institucional coa que o Colexio felicitará as festas
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o oitavo concurso de postais de Nadal 2019. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como postal oficial do CPEIG o debuxo de Lucía Rodríguez Peña, que participou na categoría B dirixida a rapaces de entre 13 e 18 anos.