Ante o inicio do curso escolar 2020-2021, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) quere axudar a pais, nais, titores e docentes a facer unha transición máis doada, tendo en conta o gran papel que cumpre a informática nestes tempos de pandemia na educación dos menores, e presumindo que a formación online pode ter unha presenza destacada no contexto actual marcado pola covid-19.