Pasar al contenido principal

Encontros TIC

Falarase de videoxogos, animación 3D, robótica, cidades intelixentes, coches autónomos e internet das cousas, entre outros temas

Celebraranse nas vindeiras semanas 30 xornadas nas que participarán ata doce rapaces por grupo

Premio Ada Byron 2020

Forma parte do colectivo Google Women in Engineering que estimula a presenza feminina no sector TIC

Será unha das homenaxeadas na “XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que se celebrará o vindeiro 30 de outubro no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago

Conectando Xeracións

Netos e avós poderán presentar os seus proxectos conxuntos nas categorías de vídeo curto, musical e audioblog ata o 20 de outubro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan o certame “Conectando Xeracións coa tecnoloxía”, tres concursos de creación de contidos audiovisuais ou tecnolóxicos para fomentar a conexión entre xeracións, especialmente entre netos e avós aínda que non será necesario que exista un vínculo familiar.

Curso proteccion datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizará, en colaboración con Data Privacy Institute (DPI) de ISMS Forum, o “Curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD”.

Conectando Xeracions

Esta actividade enmarcase no "Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital".

Cun formato de concurso e premios, exponse a creación de contidos audiovisuais ou tecnolóxicos: vídeos curtos, musical ou audioblog, creados entre nen@s cos avós de forma conxunta. Non é necesario que exista un vínculo familiar xa que o concurso ten como finalidade demostrar que a tecnoloxía tamén os une.

Curso Egap

Fernando Suárez, presidente do Colexio: “Na pandemia, a informática permitiu o funcionamento da Administración, lección coa que se demostra que a dixitalización permítenos achegar as organizacións públicas ao cidadán”

Inauguraron hoxe a décima edición do Curso Superior de Administración Electrónica que se impartirá ata o 20 de outubro na EGAP

Curso Agile

A empresa de desenvolvemento de software ASPgems organiza un curso online, a través da plataforma NeuroK baseada en principios da neurodidáctica, sobre “Introdución a Agile: principios e cerimonias” que comezará o 5 de outubro cunha duración estimada de seis semanas.

Logo XII Noite

Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta

Poderanse presentar traballos ata o 3 de outubro e o premio entregarase no marco da "XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 30 de outubro en Santiago de Compostela

Caja Ingenieros

A Fundación Caja de Ingenieros convoca a oitava edición do Premio Emprendemento para a Tecnoloxía, a Innovación e a Sustentabilidade. O obxecto é premiar o talento e a experiencia profesional das empresas que emerxen actualmente na sociedade, co fin de potenciar o seu negocio e así beneficiar o seu desenvolvemento.

Fábrica de Armas

Fernando Suárez, presidente do CPEIG: “A filosofía da Cidade das TIC céntrase na economía do coñecemento, onde os recursos máis importantes son as persoas e o talento”

O proxecto, que se situará na Fábrica de Armas da Coruña, está impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia e conta co apoio do Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación e Concello da Coruña