O Colexio profesional organizou hoxe a "III Xornada de Ciberseguridade en Galicia", onde expertos de prestixio analizaron as ameazas e as posibles medidas de seguridade para empresas, Administracións Públicas e particulares
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou hoxe "III Xornada de Ciberseguridade en Galicia" na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, co patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca, Symantec, Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) e Campus Innova (UDC).