O colexio asinou un convenio de colaboración coa empresa dentro das iniciativas previstas en materia de formación.
Este premio é concedido anualmente pola Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías de Información (AISTI) ao mellor traballo de Tese Doutoral, elaborado no ámbito das áreas científicas dos Sistemas e Tecnoloxías de Información e áreas afíns, co obxectivo de estimular a innovación científica e o rigor do traballo de investigación, así como para conseguir unha maior divulgación daqueles traballos científicos de calidade. A asignación do premio réxese por un regulamento propio dispoñible en http://www.aisti.eu/regulamentopremio-es.pdf