O acto, enmarcado nas iniciativas do Día da Muller, celebrarase mañá venres ás 12 horas no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago
• Proxectarase un vídeo tributo á pioneira da programación cunhas palabras da propia estadounidense dedicadas ao CPEIG
• Organizarase unha mesa redonda con voces de enxeñeiras das universidades da Coruña e Vigo sobre a presenza de mulleres na actividade científica e informática, así como a necesidade de estimular as vocacións femininas