O Colexio convoca a sexta edición do concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos, en colaboración coa Xunta de Galicia
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra este venres 28 de xaneiro, ofrece á sociedade unha serie de ciberconsellos para facer un uso seguro da tecnoloxía. Fernando Suárez, presidente do CPEIG, considera “de vital importancia” que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos.