O CPEIG achega a súa opinión e traballo para incrementar a porcentaxe de matrículas nese tipo de estudos, que hoxe en día só se sitúa no 9% do total
14
Jun, 2015
27
May, 2015
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Colexio Compañía de María de A Coruña e maila súa ANPA e ARKITAS ROBÓTICA, Primeiro Centro de Formación en Robótica e Programación de A Coruña, organizan para o vindeiro 20 de xuño a 1ª Edición Galega da World Robot Olympiad (WRO).
A competición, dirixida a rapaces e rapazas dende os 7 até os 19 anos, desenvolverase en torno a tres categorías diferentes onde terán que montar e programar os robots en directo e competir por equipos en tres retos diferentes. Os equipos que superen a fase local irán á nacional en Barcelona o próximo 11 de outubro. A final internacional este ano celebrarase en Doha, Catar, os días 6 e 8 de novembro.