Os participantes –a cidadanía en xeral– aprenderán como funcionan as impresoras 3D, os drons ou as lentes de realidade virtual de xullo a outubro en diferentes aulas da rede galega
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro unha formación en equipamento disruptivo na Rede CeMIT, é dicir, unha serie de obradoiros para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT.