Pasar al contenido principal

Premio TFM

O TFM gañador está dotado con 1.000 euros

Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta

Poderanse presentar propostas ata o 12 de maio e o premio entregarase no marco da "14 Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 1 de xullo en Santiago de Compostela

Olimpiada Nacional

Un dos gañadores da Olimpíada Informática Galega 2022, Óscar Carballo Puebla, natural de Castro de Rei (Lugo) e estudante de formación profesional do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña, conseguiu a medalla de bronce na Olimpiada Informática Española (OIE) que se celebrou esta fin de semana en Madrid, situándose no posto número 9 con 489,5 puntos (outorgáronse 4 medallas de ouro, outras catro de prata e outras tantas de bronce). Recibiu de premio 500 euros.

Curso Marcelo Castelo

O obxecto é mellorar a comunicación, a credibilidade e a autoridade profesional dos vinte participantes

O taller celebrarase de xeito presencial no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago os días 22 e 23 de abril e o 7 de maio

Foro ISMS Forum Galicia

O Capítulo Galego de ISMS Forum organiza a III Edición do Foro Rexional de Galicia o vindeiro 7 de abril en modalidade presencial no Auditorio de Abanca en Vigo (Av. García Barbón, 1-3. Vigo).

Entre os temas que se debaterán atópanse a resposta ante incidentes en Cloud, a industria do Ransomware e novas ameazas.

Se eres colexiada/o do CPEIG, podes inscribirse facendo clic AQUÍ co código de invitación 3FOROGALJD

Homenaxe Margaret Hamilton

O presidente da entidade, Fernando Suárez, destacou que esta distinción axudará a “visibilizar a contribución de mulleres singulares á sociedade, ao avance científico e ao progreso”

Margaret Hamilton, nun agradecemento de voz gravado para o Colexio: “Grazas por este recoñecemento especial pola miña contribución á ciencia da computación, en particular na área da enxeñaría de software. Esta é unha gran honra para min e é o meu desexo ter sido capaz de estar e continuar á altura das vosas expectativas”

Homenaxe Margaret Hamilton

O acto, enmarcado nas iniciativas do Día da Muller, celebrarase mañá venres ás 12 horas no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago

•    Proxectarase un vídeo tributo á pioneira da programación cunhas palabras da propia estadounidense dedicadas ao CPEIG
•    Organizarase unha mesa redonda con voces de enxeñeiras das universidades da Coruña e Vigo sobre a presenza de mulleres na actividade científica e informática, así como a necesidade de estimular as vocacións femininas 

Cibergal 2022

Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, volta o Encontro CIBER.gal, que na súa primeira edición acadou máis de 1.500 inscricións e a participación de preto de 40 entidades públicas e privadas
 
O panorama actual da ciberdelincuencia propicia máis que nunca a celebración desta II Edición, que ten como obxectivo sensibilizar a toda a sociedade sobre os perigos e ameazas da contorna dixital e facer unha fronte común contra os mesmos

OIG 2022 Paula Taibo e Óscar Carballo

Representarán a Galicia na Olimpíada Nacional, que se celebrará en Madrid no mes de abril

OIG

Os dous gañadores pasarán á fase nacional, que terá lugar os días 2 e 3 de abril en Madrid

Convenio SINFILTRO

O presidente do Colexio, Fernando Suárez, será o protagonista do programa do 9 de marzo, que se emitirá polo Youtube, LinkedIn e Facebook do proxecto ás 17 horas, onde participará tamén a CIO de Danone Mercedes Buxadera

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asinou un convenio de colaboración co proxecto SINFILTRO. O acordo estableceuse entre o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o editor, director e presentador do programa de entrevistas  SINFILTRO, Marcelo Castelo, experto en comunicación e divulgador.