O presidente do CPEIG denuncia en Radio Obradoiro a intención do Goberno central de deixar estas profesións fóra do eido da enxeñaría. "É un agravio que non entendemos e que vai conlevar unha baixada no número de estudantes".
O vindeiro 18 de abril ás 12h celébrase o Día da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, acto ó que está invitado o Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
Aproveitará o evento para falar das implicacións do borrador da Lei de Servicios Profesionais (LSP) aplicado as Enxeñarías /Graos en Informática.
No arquivo adxunto está dispoñible o programa do acto.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso Laboratorio de técnicas de virtualización para peritaxes, ofertando un total de 20 prazas.
O obxectivo do curso é proporcionar unha visión global do uso de ferramentas de virtualización no ámbito do peritaxe informático.
Proporcionarase no curso unha introdución ao concepto de virtualización de máquinas e ao concepto de imaxes con overlays, e a súa relación coa preservación de evidencia.