Así o conclúe o Estudo nacional sobre a situación laboral dos profesionais do sector tecnoloxías da información, presentado hoxe en Madrid, no que colaborou o CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia vén de preseleccionar as oito candidaturas que optan ao premio Iniciativa Emprendedora, que se entregará no decurso da Sétima Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o vindeiro 26 de xuño en Santiago. Ábrese así o prazo para que os colexiados e colexiadas do CPEIG emitan os seus votos e decidan, co seu apoio maioritario, a iniciativa merecente do galardón.
O CPEIG únese á dor dos familiares e amizades das persoas falecidas no avión de Germanwings que hoxe, martes 24 de febreiro, se estrelou nos Alpes con 150 persoas a bordo. Entre os falecidos, figuran tres enxeñeiros en Informática.
En sinal de loito, as enxeñeiras e enxeñeiros en Informática de Galicia penduramos o crespón negro que encabeza a nosa páxina web.