Pasar al contenido principal

Tódalas novas

Símbolo do CPEIG

O CPEIG apoia a candidatura do Concello da Coruña como Cidade da Ciencia e da Innovación

28 Noviembre 2012

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu apoiar a candidatura do Concello da Coruña como Cidade da Ciencia e da Innovación, unha distinción que concede o Goberno central. Así llo comunicou recentemente o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, ao alcalde do municipio galego, Carlos Negreira.

A Secretaría Xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación aprobou, mediante a resolución do 5 de novembro de 2012, a convocatoria para a concesión da distinción "Cidade da Ciencia e da Innovación", correspondente ao ano 2012, segundo se publicou no BOE nº272 de12/11/12. Esa resolución parte da consideración de que, a longo do presente ano, puxéronse en marcha e desenvolvéronse importantes proxectos directamente relacionados co impulso da ciencia, a innovación, o I+D+i e a divulgación científica.

[...]


Símbolo do CPEIG

A Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense acolle esta tarde a xunta de goberno do CPEIG

16 Noviembre 2012

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrará esta tarde a súa xunta de goberno ordinaria a partir das 17.00H en primeira convocatoira, e 17.30H. en segunda. A xuntanza terá lugar na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense.

Segunda consta na orde de día, darase lectura á acta da xunta de goberno do pasado mes de maio e procederase, no seu caso, á súa aprobación. Do mesmo xeito, está prevista a ratificación do acordo da comisión permanente de xaneiro do presente mes. Alén diso, o CPEIG abordará a situación xeral do colexio e a súa tesoureiría en particular. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, presentará un informe sobre o desenvolvemento da Cuarta Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o vindeiro día 23 de novembro. Finalmente, os convocados á xunta de goberno procederán á resolución de solicitudes de colexiación e a valorar distintos convenios de colaboración ofertados por diversas entidades.

[...]