Pasar al contenido principal

Tódalas novas

Logotipo da Universidade de Vigo.

Entrega de premios da 2ª edición do concurso INCUVI-Emprende

31 Enero 2013

O vindeiro luns 4 de febreiro, a partir das 12h, na Sala I do edificio Miralles, celebrarase o acto de entrega de premios da 2ª edición do concurso INCUVI-Emprende. A esta 2ª edición presentáronse 33 proxectos (con máis de 50 participantes), entre os que se outorgarán 8 premios (6 no Campus de Vigo e 2 no Campus de Pontevedra).

[...]


Logotipo da Universidade de Santiago

O CiTIUS acolle unha conferencia sobre métodos de computación inspirados na natureza

31 Enero 2013

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2013. Moitos dos sistemas de intelixencia artificial dos que dispomos na actualidade foron deseñados emulando modelos presentes na natureza; perante as esixencias da súa contorna, os seres vivos e os organismos biolóxicos víronse na obriga de desenvolver os seus propios sistemas de resolución de conflitos, que tenden a ser (a diferenza do enfoque tradicional da enxeñería humana) adaptables, distribuídos e cooperativos. O deseño e a aplicación de métodos de computación que reproducen ou imitan os principios biolóxicos da natureza, dan lugar á área de intelixencia artificial coñecida como «Computación BioInspirada».

[...]


Xuntanza Patrocinadores

Xuntanza do CPEIG coas entidades patrocinadoras da Noite da Enxeñaría en Informática

31 Enero 2013

Membros da xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) mantiveron o venres pasado, día 25 de xaneiro, un xantar de traballo en Santiago de Compostela con representantes das empresas e entidades patrocinadoras da cuarta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

O CPEIG quixo agradecerlles ás empresas patrocinadoras e á Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) o seu apoio e tamén recoller suxestións sobre a organización da vindeira Noite da Enxeñaría en Informática. Así mesmo, os membros do CPEIG convidaron aos patrocinadores a que acheguen artigos e traballos para seren publicados na revista TIG@, nova publicación do ente colexial.

[...]


Revista TIG@ num 1

Revista TIG@

15 Enero 2013

O CPEIG publica o primeiro número de TIG@. A Revista da Enxeñaría en Informática, á que lle desexamos unha longa e frutífera vida.

[...]