Pasar al contenido principal

Conectando Xeracions

Esta actividade enmarcase no "Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital".

Cun formato de concurso e premios, exponse a creación de contidos audiovisuais ou tecnolóxicos: vídeos curtos, musical ou audioblog, creados entre nen@s cos avós de forma conxunta. Non é necesario que exista un vínculo familiar xa que o concurso ten como finalidade demostrar que a tecnoloxía tamén os une.

Curso Egap

Fernando Suárez, presidente do Colexio: “Na pandemia, a informática permitiu o funcionamento da Administración, lección coa que se demostra que a dixitalización permítenos achegar as organizacións públicas ao cidadán”

Inauguraron hoxe a décima edición do Curso Superior de Administración Electrónica que se impartirá ata o 20 de outubro na EGAP

Curso Agile

A empresa de desenvolvemento de software ASPgems organiza un curso online, a través da plataforma NeuroK baseada en principios da neurodidáctica, sobre “Introdución a Agile: principios e cerimonias” que comezará o 5 de outubro cunha duración estimada de seis semanas.

Logo XII Noite

Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta

Poderanse presentar traballos ata o 3 de outubro e o premio entregarase no marco da "XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 30 de outubro en Santiago de Compostela

Caja Ingenieros

A Fundación Caja de Ingenieros convoca a oitava edición do Premio Emprendemento para a Tecnoloxía, a Innovación e a Sustentabilidade. O obxecto é premiar o talento e a experiencia profesional das empresas que emerxen actualmente na sociedade, co fin de potenciar o seu negocio e así beneficiar o seu desenvolvemento.

Fábrica de Armas

Fernando Suárez, presidente do CPEIG: “A filosofía da Cidade das TIC céntrase na economía do coñecemento, onde os recursos máis importantes son as persoas e o talento”

O proxecto, que se situará na Fábrica de Armas da Coruña, está impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia e conta co apoio do Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación e Concello da Coruña

Consellos para unhas TIC saudables

Ante o inicio do curso escolar 2020-2021, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) quere axudar a pais, nais, titores e docentes a facer unha transición máis doada, tendo en conta o gran papel que cumpre a informática nestes tempos de pandemia na educación dos menores, e presumindo que a formación online pode ter unha presenza destacada no contexto actual marcado pola covid-19.

Firma do convenio entre Deputación de Ourense e CPEIG
Manuel Baltar e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, asinaron un convenio que impulsará programas e proxectos enfocados a potenciar a transformación dixital de negocios actividades económicas para a súa adaptación á situación derivada da crise do COVID-19
Firma do convenio entre AGEINCO e CPEIG
As dúas entidades buscan ademais o perfeccionamento das ensinanzas e a formación neste ámbito
TechKids 2020
  • Enmárcanse no Plan DigiTalent da Xunta e ofrecerán deseño de videoxogos, robótica, programación, creación de aplicacións para móbil ou presentación dos traballos escolares
  • Están dirixidos a nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Primaria e Secundaria
  • Os interesados poderán inscribirse desde hoxe e ata o 27 de xullo