Os participantes, de secundaria, bacharelato ou grao medio, deberán resolver unha serie de problemas mediante unha linguaxe de programación
A pre-inscrición xa está aberta para o concurso que se celebrará de xeito presencial o 4 de febreiro de 2022 na Facultade de Informática da UDC, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e na Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo [https://oig.gal/]