O presidente da entidade, Fernando Suárez, destacou que esta distinción axudará a “visibilizar a contribución de mulleres singulares á sociedade, ao avance científico e ao progreso”
Margaret Hamilton, nun agradecemento de voz gravado para o Colexio: “Grazas por este recoñecemento especial pola miña contribución á ciencia da computación, en particular na área da enxeñaría de software. Esta é unha gran honra para min e é o meu desexo ter sido capaz de estar e continuar á altura das vosas expectativas”