O debuxo desta nena de 9 anos será a postal institucional coa que o Colexio felicitará as festas
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o noveno Concurso de Postais de Nadal 2020. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como postal oficial do CPEIG o debuxo de Ariane Luis Nogueira, que participou na categoría A dirixida a nenos en nenas de entre 3 e 12 anos.