O proceso é moi sinxelo, xa que pode realizarse online e non leva máis de cinco minutos en total. Moitos enxeñeiros/as xa o están a realizar.
O CPEIG, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria celebrará o vindeiro sábado 13 de decembro no Hotel Puertal del Camino de Santiago de Compostela as xornadas "Uso da certificación dixital e sinatura electrónica".
A admisión é gratuíta e unicamente para membros colexiados/as (ou en proceso de colexiación) do CPEIG.