Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013.- A hipertensión arterial é un inimigo silencioso. Calcúlase que este flaxelo azouta ao 20% da poboación mundial, pero só o 50% das persoas que a padecen o saben. Aos enxeñeiros e enxeñeiras en informática pásanos o mesmo coa presión que exercen de forma silenciosa contra nós os potentes lobbies doutras enxeñarías con maior avoengo, sen que a maioría nos deamos conta de que nos están afundindo na miseria.
O presente documento foron elaborado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática (CCII) e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI) con obxecto de sintetizar algúns aspectos de especial transcendencia nas actividades e servizos profesionais no ámbito da informática, como unha primeira referencia e fonte de información proveniente dos propios profesionais da informática de modo que poida ser tida en conta desde o primeiro momento na redacción do anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais, dada a enorme compoñente informátic
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou esta mañá proposición non de lei no Congreso dos Deputados, respecto da necesidade de incluír as profesións de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática no proxecto de Lei de Servizos Profesionais. Neste mesmo sentido, o propio BNG, rexistrou unha pregunta á Mesa do Congreso na que solicita ao Goberno que aclare se contempla a exclusión da enxeñaría técnica e enxeñaría en informática na elaboración do Proxecto de Lei de Servizos Profesionais.